CRTVG

Buscar

Arquivan o caso contra sete persoas en Ourense vinculadas a unha rede de prostitución

Publicado o 12/07/2018 14:06

O xulgado de instrución de Bande arquiva o caso aberto ás sete persoas detidas en Ourense e Lobios o pasado mes de febreiro vinculadas a unha rede de prostitución.

Estaban acusados dos supostos delitos de tráfico de persoas para a explotación sexual, inmigración ilegal e pertenza a grupo criminal. As detencións tiveron lugar despois de que as investigacións policiais sobre a morte dunha muller que apareceu afogada no encoro de Lindoso en 2016, que nos primeiros momentos se pensara que fora un suicidio, finalmente llela atribuíran aos arrestados a raíz dun anónimo. O xulgado, segundo consta no auto de arquivo, non puido acreditar que os detidos obrigasen ningunha muller a prostituírse.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/07/2018