CRTVG

Buscar

Arquivan a investigación da morte de dúas mulleres no incendio de Chandebrito

Publicado o 14/10/2019 14:51

O xuíz arquiva o caso pola morte de dúas mulleres no incendio de Chandebrito, en Nigrán, de hai dous anos.

O motivo do sobresemento provisional é a falta de indicios sobre os autores do incencio. O xulgado reabrira o caso para estudar o resultado de varias dilixencias, pero tras estudalas volveu pechalo. Segundo o xuíz, os feitos investigados son constitutivos de infracción penal, pero non existen probas suficientes para atribuírlle o lume a unha persoa determinada.

O incendio de Chandebrito producírase o 15 de outubro de 2017. Nel faleceran Angelina Otero, de 78 anos, e Maximina Iglesias, de 86.

Noticias web

14/10/2019