CRTVG

Buscar

Arquivan a investigación contra unha concelleira da Marea Atlántica polo caso do vello cárcere da Coruña

Publicado o 23/12/2019 14:56

Arquivadas as dilixencias abertas contra a que fora concelleira coruñesa de Participación co goberno da Marea Atlántica, Claudia Delso, por un presunto delito de prevaricación no uso do vello cárcere da cidade.

Delso figuraba como única investigada no caso, que quedará pechado definitivamente se en cinco días non se presenta un recurso en contra. Foi a Fiscalía quen advertira de ata oito indicios de delito na cesión de usos do inmoble do cárcere, como consecuencia dunha denuncia do PP.

Noticias web

23/12/2019