Arquivan a causa do PXOM de Lugo tras once anos de investigación
Publicado o 03/09/2021 11:50
Arquivan a causa por supostas irregularidades na recualificación dos terreos para ampliar o club de golf da cidade de Lugo. O arquivo chega once anos despois de presentarse a denuncia contra a tramitación desta parte do plan xeral de urbanismo. O xuíz non ve indicios de delito e di que de haber irregularidades serían administrativas e por tanto entende que non debeu iniciarse unha investigación pola vía penal. Entre os imputados estaban a exdelegada de urbanismo e o exconcelleiro Francisco Liñares, que formaban parte do goberno do exalcalde López Orozco.