CRTVG

Buscar

Arquivan a causa contra un ex-avogado de Podemos por acoso

Publicado o 29/07/2020 15:08

Arquívase a causa contra o que fora avogado e xefe de Proteccion de Datos de Podemos.

José Manuel Calvente, despedido en decembro, fora denunciado por unha compañeira de partido por acoso sexual e laboral. Agora, a xuíza pecha as dilixencias por falta de probas.

Precisamente hoxe, Calvente estaba citado ante outro xuíz para ratificar a denuncia que el mesmo presentou contra varios cargos de Podemos por presuntas irregularidades nas contas e branqueo de capitais.

Noticias web

29/07/2020