CRTVG

Buscar

Arquivan a causa contra o único investigado no caso Yéremi Vargas

Publicado o 13/03/2018 20:57

 

A Audiencia das Palmas confirmou que non hai probas de que o Rubio, o único investigado, secuestrara a Yéremi Vargas. Ratifica así o arquivo da investigación que xa decretara o xuíz instrutor en outubro. Os maxistrados da Audiencia recoñecen que non hai indicios suficientemente sólidos para incriminar a Antonio Ojeda, alcumado o Rubio, nin a ningunha outra persoa. A familia de Yéremi Vargas non ten noticias do paradoiro do menor desde hai 11 anos, cando o viu, por ultima vez, xogando nun soar preto da casa, en Gran Canaria.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/03/2018