CRTVG

Buscar

Arquivado o caso contra os Charlíns polo alixo de cocaína do Titán Terceiro

Publicado o 20/02/2019 19:40

Os Charlíns non terán que responder polas case dúas toneladas de cocaína incautadas no remolcador Titán Terceiro. O xuíz arquiva o caso no que atinxe á súa responsabilidade penal.

O Xulgado de Instrución número 4 de Vigo deu por concluída a instrución da causa pola interceptación do remolcador Titán Terceiro. Estaban inicialmente investigados Manuel Charlín e un dos seus fillos, canda outras persoas. Finalmente, serán 21 os procesados neste caso por organización criminal e tráfico de drogas, pero sen os Charlíns.

O maxistrado tomará declaración indagatoria aos investigados o próximo 25 de abril, e requírelles unha fianza por valor de 59,2 millóns de euros. Así mesmo, ratifica a prisión provisional para 7 dos procesados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/02/2019