CRTVG

Buscar

Arquivada a denuncia polo contrato dos helicópteros antiincendios do 2012

Publicado o 13/01/2018 11:13
Arquivada a denuncia polo contrato dos helicópteros antiincendios do 2012

En materia de loita contra os lumes, hoxe coñecemos que foi arquivada a denuncia polo contrato dos helicópteros do dispositivo contra os incendios forestais.

A denuncia que interpuxera a Fiscalía para que se investigase xudicialmente a adxudicación do contrato dos helicópteros da campaña de 2012 foi arquivada polo xuiz Andrés Lago Louro, titular do xulgado número 3 de Santiago, sobre o que recaera o caso. Foron chamados a declarar varios altos cargos, entre eles o actual director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández Couto. Tanto el coma outros membros do Goberno galego, sostiveron que os contratos foran tramitados conforme á lei. Así o entende tamén o xuíz, que no auto apunta que a contratación foi unha "decisión ponderada e adecuada á preservación do interese xeral".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí