CRTVG

Buscar

Arquivada a denuncia da liga contra Álex Bergantiños

Publicado o 11/06/2021 20:33

A denuncia da Liga contra Álex Bergantiños foi arquivada definitivamente. Un auto da Audiencia Provincial da Coruña confirma o sobresemento que xa ditara no seu día o Xulgado de Instrución. Os maxistrados son duros no seu escrito de arquivo. Din que é irrelevante o audio que Álex enviou a un grupo de whatsapp. E cualifican de argumento dunha película ou novela de ficción a denuncia promovida por Javier Tebas.
 

Noticias web

11/06/2021