CRTVG

Buscar

Arquivada a causa contra o Alemán polo crime de Salceda de Caselas

Publicado o 28/11/2019 09:32

Novidades no crime de Salceda, en que faleceu acoitelado un mozo marroquí nas portas dun local de copas. Fora detido como acusado o mozo coñecido como o Alemán, que agora queda libre de culpa.

A xuíza do Porriño pecha a causa contra el, despois de que varias testemuñas recoñeceran un erro na identificación. El mesmo apoiou a familia da vítima nas concentracións organizadas para pedir que se encontre o verdadeiro culpable. A investigación segue aberta.

Noticias web

28/11/2019