CRTVG

Buscar

Arquitectura Dousdé, premio Gran Area

Publicado o 04/12/2018 12:15

Os arquitectos Sandra González e Rafael Castro, do estudio Dousdé, están diante da vivenda de Tibiás, que eles proxectaron.

A arquitectura pode ser a arte de resolver problemas. Neste caso, uns cables de electricidade e a normativa urbanística configuraron unha casa que nace arredor dun vello carballo.

Granito, cristal, aluminio e formigón constitúen os principais materiais da vivenda.

No interior, unha zona de día que abrangue a cociña, o salón comedor e algún baño. É unha casa sen escaleiras. Unha rampla comunícaa coa zona de noite, máis reservada, onde se suceden os dormitorios.

O principal, sobre un beiril, está aberto á paisaxe dunha fraga.
Quixeron facer unha unha vivenda eficiente e sostible que semella estar en movemento.







Máis nesta casa, que semella unha eiruga en movemento, chama a atención o saínte que sostén o dormitorio, e que serve como unha especie de soportal para días de chuvia.



Sandra González e Rafael Castro, de Dousdé Arquitectos, foron galadoados cun dos premios Gran de Area por este traballo no Pereiro de Aguiar.

Noticias web

04/12/2018