CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Arqueólogos e restauradores visitan en Lugo o templo romano de Santa Eulalia de Bóveda

Publicado o 02/03/2018 21:37


O templo romano de Santa Eulalia de Bóveda recibiu a visita dos asistentes a unhas xornadas monográficas sobre as pinturas murais que alberga. Nela participaron arqueólogos e restauradores.

A xornada monográfica sobre Santa Eulalia de Bóveda complementa a exposición que se pode ollar no Museo Provincial de Lugo, centrada nas pinturas murais do monumento.

Precisamente o comisario da mostra foi o encargado de guiar os asistentes nunha visita a este templo romano, descuberto hai case cen anos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

02/03/2018