Arteixo, Viveiro e Xinzo, que adiantaron as restricións máximas, rexistran unha baixada da incidencia
Arteixo foi un dos primeiros concellos que cunha incidencia da covid descontrolada foi sometido a duras restricións. Tras dúas semanas, a incidencia segue a ser moi elevada, supera os 1.200 casos por cada 100.000 habitantes, pero a tendencia é á baixa. Pasou dos case 600 casos aos 400 novos diagnosticos.
En Viveiro tamén levan 15 días coas máximas restricións: peche total da hostalería e duras limitacións no comercio e outras actividades non esenciais. Hai certo optimismo despois de baixar aos 75 novos casos diagnosticados. Chegaron a estar con 280 casos.
En Xinzo de Limia repítese a tendencia descendente. En apenas dúas semanas lograron baixar de 247 casos aos 102. Os veciños amosanse prudentes.
Desde o concello insisten en que non se debe baixar a garda.