Ares quere evitar o descenso
Varios compoñentes da traiñeira de Ares residen na comarca da Barbanza e trasládanse xuntos a ferrolterra para adestrarse. Fano habitualmente, pero esta semana é a definitiva. Celébranse as probas de Ares e Boiro, as dúas últimas do calendario. A permanencia está en xogo entre Ares e vasca Zarautz.
Alberto Hermo, adestrador: "A estratexia é clara, quedar por diante de Zarautz os dous días..., non, en serio".
Teno claro o debutante Julián Villanustre: Ares non é inferior á súa rival.
Julián Villanustre, remeiro: "Para nada, de Cabo para abaixo non lle temos medo a nadie".
Que a liga ACT finalice en Galicia é unha vantaxe para Ares.
Hermo: "Coñecemos ben os dous campos. En Ares dan ondas para o sábado e vai ser unha regata bonita e Boiro é un campo equitativo, un campo bo para un resultado xusto.
Ares espera lograr a permanencia máis cara e disputada dos últimos anos. Compensaría as xornadas laborais que comezan as seis da mañá, seguidas de adestramentos e quilómetros de sacrificio.