Ares queda este ano sen as alfombras florais
Publicado o 06/05/2020 14:34
Ares queda este ano sen unha das súas celebracións máis representativas: as alfombras florais.
A situación derivada da COVID-19 obriga por precaución a cancelar o evento.
Por primeira vez en case 40 anos, o manto de pétalos non tapizará o chan durante a celebración do Corpus, xa que o contacto corporal é case que inevitable á hora de preparar a decoración floral.