CRTVG

Buscar

Ares prepara xa as alfombrais florais do Corpus, unha festa declarada de Interese Turístico Galego

Publicado o 19/06/2019 21:41

Ares prepara xa as alfombrais florais do Corpus, unha festa declarada de Interese Turístico Galego e que vivirá o seu día grande o domingo.

Levan preto dun mes, día tras día, picando a follaxe que dará forma ás alfombras florais, unha tradición que en Ares se remonta aos anos 80. Traballan en equipo e din botar en falta unha remuda xeracional.

En total as veciñas confeccionarán un quilómetro de alfombras dividido en seis treitos. En cada un empregaránse uns 12.000 caraveis e en total faráse uso de 15 toneladas de verde. Nas rúas xa comeza a intuirse o seu deseño que é secreto ata o último momento.

As alfombras florais de Ares é unha festa declarada de interese turístico de Galicia desde 2011 e este ano, por primeira vez, colabora coa campaña 'Agresión off' de prevención da violencia machista.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2019