CRTVG

Buscar

Ares e Cabo resolven a permanencia e Tirán achégase logo da fin de semana en Galicia

Publicado o 08/08/2021 18:48

Balance positivo para Tirán. Gañoulles as dúas xornadas aos rivais directos, Zarautz e Lekeitio, e acurtou tres puntos co posto de permanencia. A salvación queda a sete puntos, a seis xornadas para o final. A dobre xornada en Galicia volveu a ser perfecta para Ares, que xa mira cara a obxectivos máis ambiciosos. Gañou a súa quenda o sábado e o domingo.

Cabo quería máis diante da súa afección. Fin de semana gris. Terá que afinar a remada para as grandes citas que veñen no mes de agosto. E fóra de categoría está Santurtzi. Levou a bandeira de Cabo por terceira temporada consecutiva e xa lle saca a Hondarribia nove puntos. Nótase que na súa tripulación está o mellor do remo galego.

As frechas da ACT volverán a vindeira semana ao País Vasco. A Bandeira de Zarautz é unha das máis cobizadas de todo o campionato.

Noticias web

08/08/2021