CRTVG

Buscar

Ares di que o rival máis forte na loita polo título é Pepe López

Publicado o 25/06/2019 20:40

Líder do Campionato de España por só un punto. Despois de Ferrol todos os pilotos descartarán os dous peores resultados. Pernía, compañeiro en Hyunday, está a un punto do galego e Pepe López, con Citroën e líder ata esta fin de semana, a 30.

"Creo que o rival máis forte é Pepe López. Pernía está moi regular, está preto. Non hai que descoidarse, pero creo que o máximo rival será Pepe López", apunta Iván Ares.

O automobilismo galego está preocupado polo descenso na afluencia de afeccionados aos rallys. Ares apunta algunhas causas. 

"Os controis que hai pola estrada, os radares. Tamén as datas. Moitos rallys xuntos nun mes. Para calquera persoa normal é difícil de afrontar tantas viaxes nun mes".

A federación española organiza desde este ano o Supercampionato, unha competición que mestura rallys de terra e de asfalto, e que resta competitividade ao Campionato de España tradicional.

"Están dándolle moita importancia ao Supercampionato e a xente xa non sabe cara a onde tirar. Están dun lado para outro e ningún dos dous campionatos se acaba de asentar", lamenta o líder do nacional de asfalto.

Ares, campión de España en 2017, calcula que para dar o salto ao Europeo necesitaría aumentar o seu presuposto actual nun 20%.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/06/2019