CRTVG

Buscar

Ares ascende á ACT

Publicado o 16/09/2019 16:38

No medio dun mar de xente, a traiñeira de Ares ascende ao olimpo da ACT. O campión da Liga Galega foi a mellor no play off e acompañará a Cabo na elite do remo.

Os aresáns defendían o primeiro posto acadado na xornada do sábado. Houbo intres de dúbida pero no derradeiro longo desfrutaron co ansiado ascenso. Ares será equipo de ACT por segunda vez na historia. A ledicia desatouse, tanto que incluso algún como Luis Pazos se atreveu a celebralo en éuscaro.

Noticias web

16/09/2019