CRTVG

Buscar

Arden unha autocaravana e dous coches nun incendio de madrugada en Bueu

Publicado o 02/08/2020 15:26

O lume calcinou unha autocaravana e dous turismos que estaban xunto a ela. Ocorreu no concello de Bueu. O incendio comezou de madrugada na rúa Ramon Bares. Un veciño foi quen alertou os servizos de emerxencia, que axiña constataron que non había que lamentar danos persoais. Polo momento, descoñécense as causas do incendio.

 

Noticias web

02/08/2020