CRTVG

Buscar

Arden dous coches no garaxe dunha casa deshabitada en Dodro

Publicado o 01/01/2020 12:41

Os bombeiros de Boiro recibiron contra as nove e media da noite o aviso do incendio no garaxe dunha casa unifamiliar no lugar de Vigo, no concello de Dodro. Cando chegaron aquí, xa estaba traballando persoal do grupo de emerxencias de Padrón.

Bernabé Piñeiro,  Cabo dos bombeiros de Boiro: "Saía o fume para fora e se filtraba para a parte superior. Conseguimos controlalo rápidamente aínda que había unha grande carga de lume ao haber dous coches ardendo por completo. Tamén houbo que revisar a casa contigua á que se acabou filtrando algo de fume e gas."

Na casa non vive ninguén. Só se utilizaba a parte de abaixo como garaxe. Polo momento, non se sabe como se orixinou o incendio.


Bernabé Piñeiro,  Cabo dos bombeiros de Boiro: "Os propietarios dos vehículos dixeron que chegaran sobre as sete da tarde e os meteran no garaxe e os pagaran sen problema. O portal estaba pechado. É difícil analizar a simple vista o que puido pasar."

Os equipos de extinción tardaron dúas horas e media en apagar o incendio e asegurarse de que quedaba todo ventilado.

Bernabé Piñeiro,  Cabo dos bombeiros de Boiro: "A complicación foi que ao ser un garaxe non había visibilidade e houbo desprendementos de bovedillas do forxado. Por sorte non caeron sobre ningún bombeiro e non causaron danos persoais."

Non foi a única saída dos bombeiros de Boiro durante a noitevella. Acudiron a outro aviso polo incendio dun vehículo nunha rúa da Pobra pero non chegaron a intervir porque xa actuaran os bombeiros de Ribeira.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/01/2020