CRTVG

Buscar

Arde unha vivenda en Sobrado, Trives

Publicado o 17/09/2020 12:57

Incendio nunha vivenda de Trives. O dono intentou apagalo e acabou con queimaduras
Parece ser que unha candea puido ser a causa dun incendio que deixou cuantiosos danos nunha vivenda da parroquia de Sobrado, en Trives.
Entran colas
Segundo as primeiras investigacións, a candea prendeu nas cortinas e o incendio volveuse incontrolable. O dono tentou apagar as lapas sen éxito. Foi trasladado ao centro de saúde con queimaduras nas mans. A súa muller tamén a revisaron os médicos por unha intoxicacion por inhalacion de fume. Os bombeiros do concello e Protección Civil lograron apagar as lapas. Os danos son cuantiosos. Están á espera da chegada duns técnicos para que inspeccionen se quedou danada a estrutura. Polo momento os donos están vivindo en Trives. 

Noticias web

17/09/2020