CRTVG

Buscar

Arde unha vivenda e varios vehículos en Chiva, Valencia

Publicado o 16/09/2020 08:45

Despois de varias horas de traballo, os bombeiros sufocaron un incendio nunha vivenda unifamiliar en Chiva, Valencia. No exterior da casa amoreábanse materiais inflamables que facilitaron a propagación do lume, que saltou de alí a unha zona de vexetación. O incendio non causou danos persoais pero calcinou a vivenda e varios vehículos. Os bombeiros puideron rescatar un can en bo estado.

Noticias web

16/09/2020