CRTVG

Buscar

Arde unha nave no polígono de San Cibrao das Viñas

Publicado o 02/09/2018 14:43

A rápida actuación dos bombeiros evitou que fose a máis un incendio que se declarou hoxe á unha da tarde nunha nave no polígono Barreiros, na localidade ourensá de San Cibrao das Viñas.

No interior desta nave, da empresa Congalle, quedaron completamente calcinados varios vehículos. Ademais dos bombeiros, tamén se mobilizaron efectivos do GES de Pereiro de Aguiar e a Garda Civil, que impediron que as chamas se propagasen polas naves veciñas, unha das cales está dedicada á fabricación e manipulación da madeira.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/09/2018