Arde unha nave industrial abandonada na Pobra do Caramiñal
Publicado o 14/10/2021 16:24
Na Pobra do Caramiñal, un incendio calcinou a antiga factoría de Hadasa. O lume comezou ás once e vinte nuns palés que se gardaban no interior da nave principal. As lapas afectaron a estrutura e o teito do edificio pero, por sorte, non chegaron ás casas próximas. A policía local investiga as causas do incendio..