CRTVG

Buscar

Arde unha nave en que se almacenaban castañas no Barco de Valdeorras

Publicado o 14/09/2018 14:18

Ardeu unha nave industrial en Rubiá, no Barco de Valdeorras. Eran as instalacións de Castañas Barredo.

Moita auga precisaron aínda esta mañá os bombeiros para apagar os rescaldos do incendio que queimou boa parte da nave da empresa Castañas Barredo. O lume comezou na tarde de onte. O intenso fume que saía da nave alertou os veciñós, que axiña acudiron ao lugar. Nunha nave lindeira, dedicada a pastelería industrial e propiedade dos mesmos empresarios, había varios traballadores que foron alertados do lume polos veciños.

As lapas devoraron a maquinaria da empresa de castañas e incluso algúns palés de lousa amoreados no recinto. Había preocupación pola existencia dun depósito, que finalmente non foi afectado polo incendio. Non houbo danos persoais, pero si materiais. Unha perda importante para a empresa de castañas a poucos días de comezar unha nova colleita.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2018