CRTVG

Buscar

A intervención dos bombeiros salva unha nave industrial en Vilagarcía

Publicado o 09/08/2019 14:54

Máis de doce horas, despois o vehículo aínda fumeaba. As lapas deixaron o pequeno camión feito un monte de ferro e danaron as chapas da nave que está a carón. Unha rápida intervención dos bombeiros e a rotura dunha tubaxe de auga que rebentou pola calor, fixeron que as lapas non foran a máis e puideron evitar que ardese toda a nave, onde gardaban varios camións e remolques para ser reparados.

De feito, varios traballadores do taller e donos dos vehículos achegáronse para sacar do interior os coches para evitar que ardesen.

"Ao chegar o que puideron comprobar é que esa camioneta estaba pegada á nave e que estaba afectando todo o cerrado metálico desa nave de man e que o lume puido entrar no interior.

"Pedíronlles aos donos que se achegasen para abrir a instalación e poder comprobar e facer unha revisión no interior. Estaban afectadas unha tubaxes de auga e provocou rotura de cristais no interior nunha zona de oficinas e moito fume no que é o interior da nave. Procederon tamén á ventilación das instalacións e deuse por rematado, máis ou menos, sobre unha hora e media despois", di Jesús Mariño, sarxento do Consorcio Provincial de Bombeiros de Pontevedra. 

A zona onde esta o furgón aparcado é unha rúa de libre acceso e o vehículo afectado non ten relación co taller. Os danos están por cuantificar áa espera do perito do seguro. De momento o vento e a choiva entran no lugar de traballo. Ademais da auga empregada polos bombeiros e vertida pola tubaxe que rebentou.

"Concretamente, ademais, nesa zona, debe ser a zona de cuartos de baño porque é unha zona de oficinas e de recambios e conseguiu un pouco refrixerar e refrixerar tamén ese foco de lume que había aí", asegura Jesús Mariño.

Ao parecer, o dono cre que foi intencionado, porque o vehículo levaba varios días aparcado e coa batería desconectada. Malia todo, non se pode descartar que a propia batería fose a causa de lume se se atopaba en mal estado.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/08/2019