CRTVG

Buscar

Arde unha fábrica de plásticos en Cádiz

Publicado o 25/06/2019 20:14

Arde unha fábrica de plásticos en Cádiz. O incendio produciuse nunha fábrica e esparexeuse de contado, aínda que a propia empresa informou que non hai feridos.

O polígono industrial de Guadarranque tivo que ser desaloxado por completo e, aínda que o 112 pide calma á poboación, recomenda quedar na casa aos veciños das urganizacións próximas e pechar as ventás.

Alxeciras activou o Plan de Emerxencia Municipal e outras localidades tamén tomaron medidas. O incendio aínda non está extinguido.

Noticias web

25/06/2019