CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Arde unha empresa de castañas antes da colleita en Valdeorras

Publicado o 14/09/2018 15:00
Os propietarios dunha nave industrial do Barco, en Ourense, avalían hoxe os cuantiosos danos ocasionados polo voraz incendio que onte calcinou boa parte das instalacións. Sábese, Natalia Penas, como se orixinou o lume?.... Os traballos para sufocar o incendio continuaban aínda esta mañá na nave de Castañas Barredo. As lapas comezaron a media tarde e ata ben entrada a madrugada non foi posible controlalo. A intensa nube de fume alertou os veciños, que avisaron os traballadores que estaban no interior dunha nave lindeira. Ardeu a maquinaria preparada para o procesado de castañas. As altas temperaturas provocaron o derrubamento do teito. Queimáronse palés de lousa amoreados no recinto e mesmo interviron efectivos de incendios de Medio Rural para evitar que o lume alcanzase a maleza lindeira. Investígase agora a orixe dun incendio, que causou graves danos na empresa a escasos días do inicio dunha nova colleita.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí