CRTVG

Buscar

Arde unha casa unifamiliar en Culleredo

Publicado o 17/02/2020 13:40

O 112 alertou os bombeiros dos parques de Arteixo e de Betanzos contra a unha menos cuarto da mañá. Ardía esta casa unifamiliar en Sueiro, Culleredo, e, para cando chegaron ao lugar o incendio xa estaba moi avanzado. A primeira preocupación foi a busca das dúas persoas que residen na casa. 

Alejandro García, sarxento xefe dos bombeiros de Arteixo: "Dedicámonos a buscalas, con resultado negativo, tanto na planta superior como na inferior. O que si atopamos foi un gato falecido por causa do incendio".

Finalmente, puideron saber que estaban de viaxe. A edificación, construída en pedra e madeira, con parte da estrutura tamén de madeira, quedou moi danada. 

Alejandro García, sarxento xefe dos bombeiros de Arteixo: "Tiña un forxado de formigón e tamén a tabicación estaba feita con paneis DM, co que había unha carga de combustible considerable".

Aínda non se sabe como se puido orixinar o incendio. O máis probable é que fose por algún fallo eléctrico. A intervención dos bombeiros prolongouse durante tres horas.

Noticias web

17/02/2020