Arde unha casa no Barco de Valdeorras
Publicado o 11/12/2019 14:48
Pasadas as sete e media das mañá, un veciño que ía pola estrada alertou o 112 ao ver fume saír da aldea de Santigoso. Cando chegaron os bombeiros e o GES de Valdeorras a casa xa estaba practicamente calcinada.
Ninguén vivía nesta casa, estaba en obras. Os seus propietarios andaban restaurándoa aos poucos para pasar aquí as fins de semana. Nada puideron salvar.
Por fortuna as lapas non se espallaron ás casas lindeiras. A causa do incendio é unha incógnita.
Os bombeiros seguen retirando cascallos e arrefriando para evitar que se reaviven as lapas.