Arde unha casa en Santiago sen causar feridos
Publicado o 02/01/2021 13:43

Menudo susto levaron os ocupantes dunha vivenda incendiada na parroquia santiaguesa de Filgueiras. Puiderona abandonar antes de que as lapas devoraran boa parte do interior. O lume iniciouse por motivos que aínda se están a investigar, de madrugada e axiña extendeuse por todo o inmoble. Malia ser declarado extinguido, as lapas reaviváronse sobre as 11 desta mañá. Motivo polo que os bombeiros de Santiago tiveron que volver intervir. Ao parecer,o material utilizado para illar paredes e chan era moi inflamable. Por sorte, non houbo feridos.