CRTVG

Buscar

Arde unha casa deshabitada en Foz

Publicado o 09/09/2019 13:36

Un incendio calcinou esta noite unha vivenda deshabitada en Foz que estaba á venda. Foi un veciño o que alertaba do lume, que destruíu gran parte do interior do inmoble, que era todo de madeira.

A rápida intervención dos servizos de emerxencia evitou que o incendio se propagase ás casas lindeiras que tamén están deshabitadas.

Os bombeiros tiveron que pasar toda a noite no lugar arrefriando a casa para evitar que se reactivase o lume.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/09/2019