CRTVG

Buscar

Arde unha casa abandonada na Coruña por segunda vez nun mes

Publicado o 30/04/2021 14:30
Arde unha casa abandonada na Coruña por segunda vez nun mes

Os bombeiros da Coruña tiveron que volver sufocar un lume nunha vivenda dos Mallos por segunda vez nun mes. Trátase dun inmoble abandonado na rúa Puerto Rico que, segundo denuncian os veciños, serve de refuxio para indixentes e é utilizado para a venda de drogas.

O lume afectou o rocho e foi necesario o traballo de nove efectivos para sufocar as lapas. Os veciños piden unha solución para o que consideran un dos puntos coflitivos do barrio.