Arde un transformador en Ourense e deixa sen luz os veciños do barrio da Ponte
Publicado o 04/12/2020 11:42
Expectación esta mañá no barrio da Ponte, en Ourense. Un transformador de Fenosa comezou a arder provocando a alarma dos veciños da zona das Caldas. Os bombeiros tardaron tempo en poder abrir a porta do transformador de grandes dimensións e poder controlar as lapas.
Practicamente todo o barrio quedou sen luz. A maioría, pouco tempo, uns 10 minutos, pero noutras zonas tardaron en restablecer o servizo unhas dúas horas. Foi preciso tamén desaloxar os veciños do edificio por precaución. Os bombeiros investigan agora as causas deste incendio.