CRTVG

Buscar

Arde un taller de caravanas en Rianxo de madrugada

Publicado o 15/01/2020 11:04

Susto de madrugada nun taller de caravanas de Rianxo. Un incendio sorprendeu aos porpietarios durmindo, na vivenda que teñen enriba do taller. Os propietarios decidiron pasar a noite, por precaución, nunha das autocaravanas que tiñan aparcada no exterior. Ata tres horas empregaron os bombeiros de Boiro en apagar o lume que se declaraba de madrugada no interior do taller. Un taller que se dedica ao mantemento, reforma e venda de caravanas, na parroquia de Taragoña.

De momento, descoñécense as causas do incendio, pero todo semella que puido tratarse dun curtocircuito. Non hai que lamentar danos persoais, só danos materiais. De feito, o lume só afectou o interior da vivenda e as ventás, que agora se atopan tapadas con cartóns.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/01/2020