CRTVG

Buscar

Arde un restaurante situado no areal de Barraña, no concello de Boiro

Publicado o 01/11/2020 20:24

Pouco antes das sete da tarde deste domingo, bombeiros e protección civil de Boiro recibían a chamada que alertaba do incendio que se estaba producindo nun establecemento hosteleiro, o restaurante Miramar Playa, na zona de O Saltiño, xunto o areal de Barraña.

Descoñécense cales foron as causas que provocaron o inicio do lume que se propagou con moita rapidez por todo o local e que se podía ver desde distintos puntos.