Arde un pendello en Paradela
Publicado o 26/12/2019 13:31
Era media tarde cando deron aviso aos servizos de emerxencia pedindo auxilio para extinguir un incendio que empezara nun pendello situado a carón dunha vivenda en Cimadevila, en Paradela.
Ao parecer, o incendio orixinouse nunha cociña de gas na que estaban preparando alimentos.
Malia que a rápida intervención dos bombeiros de Sarria evitou que as lapas consumisen tamén a vivenda anexa, a pegada do lume é evidente nas paredes da casa.