CRTVG

Buscar

Arde un galpón con produtos tóxicos en Catoira

Publicado o 17/04/2020 20:16

En Catoira, un incendio declarado este mediodía nun galpón obriga a pecharse nas casas todos os veciños do lugar de Baiuca. Dentro do galpón almacenábanse produtos químicos. E o fume que producen as súas lapas é tóxico. As chamas tiveron que sufocarse con terra para que se consumiran por falta de osíxeno. Na zona traballaron toda a tarde un amplo dispositivo de bombeiros, Garda Civil e Protección Civil.

 

Noticias web

17/04/2020