Arde un coche na A-52 en Barbantes e provoca un incendio no monte da autovía
Publicado o 03/09/2019 18:06
O incendio dun coche que circulaba pola autovía A-52 provocou un aparatoso incendio forestal na localidade ourensá de Barbantes, no concello de Cenlle.
O condutor detivo o vehículo en canto viu saír fume polo motor. As lapas alcanzaron unha roda, que estoupou, orixinando o incendio no monte da autovía.
Varios helicópteros e tamén medios terrestres participaron na extinción do incendio que, debido ao vento, se estendeu á parte alta do monte. Queimáronse unhas oito hectáreas.