CRTVG

Buscar

Arde un coche en Vigo en plena rúa

Publicado o 29/10/2019 14:37

Un coche ardeu por completo esta mañá en plena rúa en Vigo. Ocorreu fronte a un complexo deportivo situado no barrio de Navia, e o coche acabou envolto en lapas. O incendio alarmou os veciños, e foi precisamente un dos residentes na zona quen alertou as forzas de seguridade. Ata o lugar do suceso trasladáronse os Bombeiros de Vigo, que conseguiron sufocar o lume, antes de que se estendera aos coches que estaban aparcados ao seu carón. A Policía Local investiga a orixe do incendio.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/10/2019