CRTVG

Buscar

Arde nas Nogais toda a palla que transportaba un camión

Publicado o 07/12/2019 21:19

Por fortuna, non houbo que lamentar danos persoais, pero vaia fumareda se levantou na autovía A-6 á altura das Nogais. Ardeulle toda a carga de palla que levaba.

Con todo e malia a espectacularidade da fumeira, o camión en si non chegou a arder. Só se viu afectada polas lapas parte da plataforma. Ao parecer o condutor, ao se decatar de que saía fume da carga, conseguiu desfacerse dela nunha beira da autovía.

A circulación en sentido á Coruña estivo cortada mentres non se recolleu toda a carga. Posiblemente, a propia fermentación da palla seca orixinou o lume.

No suceso interviñeron os bombeiros de Sarria, voluntarios do GES de Becerreá, axentes da Garda Civil de Tráfico e medios dos concellos das Nogais, Pedrafita e persoal de servizo de mantemento da autovía.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2019