CRTVG

Buscar

Arde un camión que transportaba cervexas na autovía Bertamiráns-O Milladoiro

Publicado o 14/05/2019 20:46

O incendio dun camión que circulaba pola autovía Bermatiráns-O Milladoiro mantivo cortado o tráfico durante unhas horas na saída de Pardiñas. O accidente só causou danos materiais no vehículo.

Segundo informou a Policía Local, o condutor, que ía cara ao Milladoiro, decatouse de que saía fume do motor e optou por coller unha saída da autovía. Os bombeiros apagaron o lume e un guindastre reitirou o camión, que quedou coa cabina e a carga completamente calcinada.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/05/2019