CRTVG

Buscar

Arde un barco que despezaban nun estaleiro de Cambados

Publicado o 06/02/2021 21:44

E un susto tremendo foi o que levaron varios soldadores que traballaban este sábado no interior dun barco no peirao de Tragove Cambados.

O buque permanecía no dique seco onde o estaban despezando. Os soldadores traballaban nas bodegas do barco e unha simple chispa cando estaban na zona do motor puido desencadear o incendio que xerou moita fumareda pero que non ocasionou danos persoais.

Ata o lugar trasladáronse varias dotacións de bombeiros de Ribadumia e Vilagarcía.