CRTVG

Buscar

Arde un avión que estaba a ser desmantelado no aeroporto de Castelló

Publicado o 24/11/2020 13:34

Susto no aeroporto de Castelló ao incendiarse un avión en que se estaban a realizar traballos de desmantelamento. Unha faísca semella ser a causa do lume que comezou na parte dianteira da aeronave.

Efectivos do Consorcio Provincial de Bombeiros e medios do propio aeroporto traballaron nos labores de extinción do lume que non afectou a ningún dos avións próximos.

Malia que o incendio se produciu nunha zona afastada da terminal, por precaución suspendéronse as operacións aéreas durante 4 horas.

 

Noticias web

24/11/2020