CRTVG

Buscar

Arde un alpendre en Meaño nas primeiras horas do Aninovo

Publicado o 01/01/2021 14:30

O primeiro día do ano comezou cun bo susto para estes veciños de Meaño. A primeira hora da mañá tiveron que alertar os servizos de emerxencia ao comprobar que ardía a palla que acumulaban nun alpendre ao carón da vivenda familiar. Ata o lugar desprazáronse ata tres camións de bombeiros do Salnés e de Sanxenxo que evitaron que o lume se propagara. Ainda así as tarefeas foron complicadas xa que a extinción deste tipo de incendios é lenta pola necesidade de ir movendo constantemente a palla.

Para completar a extinción os bomebiros deixaron a palla cuberta de espuma. Non houbo que lamentar danos persoais e a estrutura do alpendre apenas quedou danada. A orixe do lume podería estar relacionada cun cadro electrico pero polo de agora é so unha hipótese e hai unha investigacion aberta para determinar as causas.

Noticias web

01/01/2021