CRTVG

Buscar

Arde por completo sen causar danos persoais un coche que circulaba por Vigo

Publicado o 06/02/2020 10:46

Un coche que circulaba na mañá deste xoves polo centro de Vigo ardeu por completo sen que se rexistraron danos persoais.

O incendio produciuse sobre as 9.40 horas na intersección das rúas Marqués de Alcedo, xunto ao parque do Castro, e a rúa Nicaragua, onde o coche, un Citroën Xsara, detívose finalmente e ardeu por completo.

A única ocupante do vehículo apenas tivo tempo de sacar a documentación e algunhas cousas do maleteiro antes de poñerse a resgardo, segundo relatou.

Tamén contou que circulaba con normalidade e que, sen que o coche dese ningún sinal de alarma, detívose e comezou a saír unha forte fumareda, que co paso dos minutos provocou unha inmensa columna de fume.

Os bombeiros de Vigo encargáronse da extinción do incendio, coa colaboración da Policía Local.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí