CRTVG

Buscar

Arde por completo un camión nunha das vías de circunvalación de Vigo

Publicado o 20/01/2020 14:18

Un camión quedou completamente calcinado tras incendiarse o motor cando circulaba pola VG-20, en Vigo. Ocorreu no quilómetro 5 sobre as 11 e media da mañá. O condutor dirixíase cara a Puxeiros, cando por causas que se descoñecen, comezou a arder.

Ao lugar do suceso trasladáronse a Policía Local e os bombeiros, que sufocaron as lapas con rapidez. O condutor logrou saír do camión antes de que quedase envolto en lapas, e non sufriu ningún dano.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/01/2020