CRTVG

Buscar

Arde por completo a oficina dunha nave en Ourense

Publicado o 17/06/2020 10:24

Susto esta mañá na zona industrial do Piñeiral, en Ourense. Dunha das naves industriais comezou a saír unha intensa fumareda provocando a alarma das naves lindeiras. Os bombeiros actuaron rápido e conseguiron controlar e sofocar as lapas antes de que se propagasen.

A nave quedou bastante afectada. Ardeu por completo a oficina. Ao lugar tamén se achegou unha patrulla da Garda Civil.

Os bombeiros investigan agora as causas do lume. Barallan que puidese ser un curtocircuíto.

Noticias web

17/06/2020