CRTVG

Buscar

Arde o Xurés, con perdas incalculables

Publicado o 16/09/2020 09:34

Quinto día consecutivo de loita sen cuartel contra os incendios en Ourense. Eses traballos e a previsión de chuvias a partir de mañá permítennos ser un pouco máis optimistas, Natalia Penas.

A intensa fumareda que cobre toda a zona dá idea da magnitude do incendio que desde o sábado arrasa o corazón do Parque Natural da Serra do Xurés, no municipio de Lobios. O último cálculo provisional da Consellería do Medio Rural segue apuntando a unhas 2.000 hectáreas queimadas nunha zona de orografía e acceso complicado. Logo de tres días sen tregua, o traballo dos efectivos despregados aquí e as condicións meteorolóxicas menos adversas, con previsión de chuvia para a próxima madrugada, poderían permitir que este lume se dea por controlado ao longo da xornada.

Galicia segue actuando nunha decena de incendios, todos eles na provincia de Ourense, despois dunha fin de semana desoladora, onde se viron afectadas 9.000 hectáreas en tres das catro provincias galegas: Ourense, a máis castigada polos lumes, Lugo e Pontevedra.

Na actualidade, a provincia ourensá rexistra nove incendios activos, en Vilariño de Conso- Sabuguido, que se inicio ás 02,22 horas do domingo e afecta a dous mil hectáreas; Lobios, iniciado ás 19:40 horas do sábado e que suma outro dous mil hectáreas, todas elas no Parque Natural do  Xurés; os dous de Cualedro, o primeiro deles iniciado o domingo, 1.380 hectáreas, e Chandrexa de Queixa, 500 hectáreas.

Outros lumes que seguen activos son os de Manzaneda, 450 hectáreas; Manzaneda-Paradela, 400; A Mezquita- Cádavos, 450 hectáreas; Rairiz de Veiga- Sabariz, 300, e Montederramo- Gabín, 30 hectáreas.

Doutra banda, a Consellería do Medio Rural ha informado de que se atopan estabilizados ou controlados outros sete incendios rexistrados no seu maior parte na provincia de Ourense e tamén en Lugo.

Trátase dos incendios de Vilar de  Barri, 700 hectáreas; Vilardevós, 350;  Muíños, 11 hectáreas no Parque Natural do  Xurés; A Gudiña, 150; Laza, 60; Ribas de Sil, 60, e A Pobra de Trives, 50 hectáreas calcinadas.

 

 

 

Noticias web

16/09/2020